Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 8.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Proxecto de construcción da AC-441 Berdoias-Brandomil. Treito: Baíñas-Brandomil.

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Construcciones.

Orzamento: 287.273.646 ptas.

-Proxecto de construcción: OR-202 O Carballiño, límite provincia. PO-202 Lalín, límite provincia.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 130.350.133 ptas.

-Proxecto de construcción: conexión de Cambados coa rede viaria de alta capacidade do Salnés.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 494.250.000 ptas.

-Proxecto de construcción: enlaces de reordenación de accesos e beiras na estrada Atios-Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 217.142.572 ptas.

-Proxecto de construcción: alargamento e mellora do trazado A Estrada-Forcarei. Variante de Codeseda.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 391.991.230 ptas.

-Proxecto de construcción: acondicionamento da C-531. Treito: Forzáns-Areas.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 64.493.000 ptas.

-Proxecto de construcción: mellora da capa de rodadura na estrada C-536. Treito: A Derrasa-Alto do Couso.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 72.200.000 ptas.

-Proxecto de construcción: peonil a Rúa do Paseo, terminación.

Adxudicatario: U.T.E. Alea, S.L J.Page Vila, S.L.

Orzamento: 43.134.082 ptas.

-Acondicionamento da plataforma, reforzo do firme con mestura bituminosa en quente C-642 de Xubia a S. Cibrao p.k. 59,648 ó 75,120.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

Orzamento: 143.495.066 ptas.

-Proxecto de construcción do acondicionamento da CN-525 e a PO-P-2041. Treito: Lalín.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 38.337.642 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6194