Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.995

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SESENTA E CATRO DE MADRID

EDICTO (132/1992).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número sesenta e catro de Madrid fai saber:

Que nos autos que a seguir se dirán consta a sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte.

Sentencia. En Madrid o vintedous de maio de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Miguel Mª Rodríguez San Vicente, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sesenta e catro dos desta capital, os presentes autos de xuízo

de cognición nº 132/1992, promovidos por Caja de Ahorros de Salamanca y Soria, representada pola procuradora María del Carmen Ortiz Cornago, contra Naviera C. Molares, S.A. e outro, en ignorado paradoiro e declarados en rebeldía; e decido:

Estimando a demanda interposta por Caja de Ahorros de Salamanca y Soria, representada pola procuradora María Carmen Ortiz Cornago, contra Naviera C. Morales, S.A. e outro, declarados en rebeldía procesual, debo condenar e condeno os demandados a aboarlle á demandante a cantidade de 500.000 (cincocentas mil pesetas), que devengará o xuro legal incrementado en dous puntos desde a data desta resolución, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos e que lle será notificada ó demandado rebelde na forma disposta nos artigos 282 e 283 da Lei de axuízamento civil, facéndolle saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial de Madrid, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Miguel Mª Rodríguez San Vicente. Rubricado.

E para que lle sirva de notificación en forma ó demandado Naviera C. Molares, que se atopa en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Madrid o seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9604908