Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.996

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (727/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber que nas dilixencias previas seguidas neste xulgado co número 727/1995, se dictou o auto que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Muros o 18 de agosto de 1995. Feitos:

Único.-As anteriores dilixencias incoáronse en virtude de parte xudicial por lesións en accidente de tráfico, feitos que parecen revesti-lo carácter dun presunto delicto comprendido no Art. 779 da Lei de axuizamento criminal.

Dispoño que se incoen dilixencias previas, dándolle conta diso ó Ministerio Fiscal e praticando, para o efecto, as seguintes dilixencias:

Estéase á espera de que o prexudicado presente a correspondente denuncia conforme o establecido no artigo 586 bis do C.P. e transcorridos dous meses sen que o verificasen, remítanselle as presentes actuacións ó Ministerio Fiscal para á súa vista e arquivo.

Unha vez que regresen da fiscalía as presentes actuacións, notifíqueselle a presente resolución ó interesado, informándoo do seu dereito a acudir á vía civil se o considera oportuno.

Así o acorda, manda e asina Carmen de la Rocha Díaz, xuíza do xulgado de instrucción desta vila e o seu partido xudicial».

E para que conste a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación a Cristina Ortiz Maceiras, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

5875