Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/561 R.C.I. 15/08317).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Parquets Hernández, S.A., co enderezo na rúa Las Tablas, 14, Oza dos Ríos (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración a instalar dentro do recinto da súa factoría, cun motor-xerador de 1000 kVA, utilizándose como combustible gasoil e tensión de xeración de 0,4 kV.

O investimento necesario para a planta estímase en 75.907.500 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 12 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6097