Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación de contratos de obras, mediante o sistema de concurso polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora dos contratos:

1.1. Organismo: Delegación Provincial de Lugo.

1.2. Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Contratación.

2. Obxecto dos contratos: a contratación das obras que figuran no anexo, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación dos contratos:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Garantías dos contratos:

4.1. Provisional: exenta.

4.2. Definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información:

5.1. Entidade: Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural.

5.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, 2º e 1º andar respectivamente.

5.3. Localidade e código postal: Lugo, 27071.

5.4. Teléfono: (982) 29 45 11 e 29 44 86.

5.5. Telefax: (982) 29 44 52.

5.6. Data límite de obtención de documentos e información: ás 12 horas do vixésimo sexto día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ademais, os licitadores poderán obter copia, en soporte papel, dos proxectos das obras que se contratan e dos pregos de cláusulas administrativas particulares, na librería Troll con domicilio na rúa San Roque, nº 195, 27002 Lugo e teléfono (982) 25 05 00.

6. Presentación de ofertas dos licitadores:

6.1. Data límite de presentación: ás 12 horas do vixésimo sexto día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

6.2. Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

6.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro da delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27071.

7. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día da apertura das ofertas.

8. Admisión de variantes: non se admitirán variantes técnicas ó proxecto inicial das obras.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: delegación provincial (sala de xuntas).

9.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

9.3. Localidade: Lugo.

9.4. Data: o décimo día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado ou festivo.

9.5. Hora: ás 10 horas da mañá.

10. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

ANEXO

1. Descrición do contrato e lugar de execución: camiños da zona de concentración parcelaria de Poutomillos (Lugo).

Número do expediente: LU-691.

Orzamento base de licitación: oitenta e oito millóns cento cinco mil trescentas corenta e dúas (88.105.342) pesetas.

Prazo de execución: once (11) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo A y G, subgrupo A-2 y G-6.

2. Descrición do contrato e lugar de execución: camiños da zona de concentración parcelaria de Castelo 1ª fase (Taboada-Lugo).

Número do expediente: LU-692.

Orzamento base de licitación: oitenta e cinco millóns catrocentas tres mil trescentas dúas (85.403.302) pesetas.

Prazo de execución: trece (13) meses.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

Lugo, 31 de xullo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9606190