Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/830 R.C.I. 15/14569).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Frigoríficos del Noroeste, S.A. (Frinsa), co enderezo en polígono industrial de Xarás, Ribeira, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración a instalar dentro do recinto da súa factoría, cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeneradores de 12700 kW, composta por:

-Dous motores de combustión interna alternativos, funcionando con gasóleo ou fueloil, de 6590 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 6590 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,96358 para 6350 kW de potencia activa.

-Un centro de transformación 20/6 kV con dous transformadores de 6,60 mVA, tipo interior e un transformador para servicios auxiliares de 800 kVA, r.d.t. 15/04.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor 10 kg/cm e auga quente sanitaria.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a planta estímase en 498.977.007 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 8 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6256