Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías que se cita (número 2342).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que en aplicación do disposto no artigo 57.1 a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, sométse a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación Forna nº 2.342, situada no municipio do Porriño, solicitada por Marcelino Martínez, S.L.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremantes con Forna nº 2.342, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 1 de agosto de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6255