Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.968

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (67/1996).

Apelidos e nome: Mohamed Bulkasin, Fátima, nacida en Melilla o día 18 de febreiro de 1963, filla de Mohamed e Fadma, con DNI: 45.278.842-F e que tivo como último domicilio: As Covas, número 2, Vila de Cruces (Pontevedra).

Acusada no procedemento abreviado número 67/1996, sobre delicto de tenza ilícita de armas, dimanante do atestado número 111/93, do 26 de abril de 1993, instruído pola Garda Civil de Noia, deberá comparecer dentro do termo de dez días, perante o Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, para se constituír en prisión e responder dos cargos que lle resulten, apercibíndoo de que, de non o verificar, será declarada rebelde e recaerán sobre dela os prexuízos a que houber lugar.

En Santiago de Compostela o dezasete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

9605526