Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.967

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (245/1995).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 245/1995, por instancia de Vidrieras Compostela, R. Quiñoy Pandelo e outro S.C., representados pola procuradora Rita Goimil Martínez, contra Miguel Pernas Rodríguez, e nas súas actuacións dictouse a presente sentencia con data dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo número 245/1995, promovidos pola procuradora María Rita Goimil Martínez, en nome e representación da entidade Vidrieras Compostela, R. Quiñoy Pandelo e outros S.C., e asistidos pola letrada Isabel Conde Roa, contra Miguel Pernas Rodríguez, con domicilio en Pontevea-Teo (A Coruña) e declarado en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada e facer remate dos bens embargados ó demandado, Miguel Pernas Rodríguez, declarado procesualmente en rebeldía, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 194.545 pesetas importe do principal e a suma de 75.000 pesetas para xuros e custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno o demandado indicado.

Esta resolución non é firme e contra ela poderá interporse neste xulgado recurso de apelación, no termo de cinco días contados desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia por edictos a Miguel Pernas Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 18 de xuño de 1996.

Rubricado

4885