Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (478/1992).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Lorenzo Villalpando Lucas, fai saber que

nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do xulgado de primeira instancia e instrucción número catro dos deste partido, os presentes autos de xuízo verbal executivo nº 478/1992, sendo demandante Banco Atlántico, S.A., baixo a representación procesual do procurador Regueiro Muñoz, e aparecendo como parte demandada a entidade Autos 33, S.A., Amadeo Pose Vidal e María de la Paz Rodríguez Hermida, Manuel Antonio Fernández Bernárdez e María de la Trinidad Fernández Fernández, os catro últimos maiores de idade e en situación procesual de rebeldía, demandados igualmente, Isaac Miguel Rosón Ferreiro e María de la Concepción Sánchez-Brunete Alija, igualmente maiores de idade, baixo a representación procesual do procurador Caamaño Queijo e a defensa letrada de José Antonio Suárez Espiñeira.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo que desestimando a excepción de novación e falta de xurisdicción alegadas por Isaac Miguel Rosón Ferreiro e Concepción Sánchez Brunete debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Banco Atlántico, S.A., mandando seguir adiante a execución cara a diante ata facer remate dos bens embargados e dos que no sucesivo poidan embargarse ós demandados: entidade Autos 33, S.A., Amadeo Pose Vidal, María de la Paz Rodríguez Herminda, Manuel Antonio Fernández Bernárdez, María de la Trinidad Fernández Fernández, Isaac Miguel Rosón Ferreiro e María de la Concepción Sánchez-Brunete Alija e co se producto facer completo e enteiro pagamento á demandante da suma reclamada de pricincipal por importe de 4.046.243 ptas., máis os xuros legais das ditas sumas coa imposición de custas á parte demandada.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada rebelde.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5034