Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (501/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se seguen neste xulgado baixo o número 501/1995, por instancia de Salvador Forján Lourido e outros, representado polo procurador García-Piccoli Atanes, sobre realización de obras; por medio da presente cédula emprázase o demandado Emilio Dopico Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, Emilio Dopico Rodríguez, do cal o último enderezo foi r/ Ramón Cabanillas nº 7-3º Esq., Santiago de Compostela, a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o 17 de xuño de 1996.

Gonzalo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

9604865