Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (286/1996-05).

En virtude de resolución do maxistrado xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dictada no día da data en expediente de xurisdicción voluntaria 286 de 1996 de dominio sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido, seguido por instancia de Carlos Rozas Ramos e Virginia Losada García, representados polo procurador Fernández Villaverde, dos predios sinalados cos números 295 e 296 da zona de concentración parcelaria de San Fiz de Afora nos sitios de Cubelo de Arriba e Cubelo de Abaixo de Santiago de Compostela e coas descricións: predio 295, rústico, terreo dedicado a labradío secaño no sitio de Cubelo de Arriba, que estrema ó norte con Pardora Igesias Rodríguez e outros (296); sur, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria; leste, Domingo Rozas Iglesias e outros (294), de extensión seis áreas e sesenta e dúas centiáreas, indivisible. Inscrito no tomo 622, libro 279, folio 43, predio 15.578. Predio 296, rústico, terreo dedicado a labradío

secaño no sitio de Cubelo de Abaixo de Santiago de Compostela, que estrema ó norte con Río do Porto; sur, camiño construído polo Servicio de Concentración

Parcelaria e Pastora Iglesias Rodríguez (295); leste, Manuel Varela Pérez e outros (287), Carmen Fandiño Otero (471) e Pastora Iglesias Rodríguez (295) e oeste, Río do Porto e María de la Concepción Iglesias López (297), de extensión vinte áreas e corenta e sete centiáreas. Indivisible. Inscrito no tomo 622, libro 279, folio 22, predio 15.579; cítase os habentes causa daqueles dos que procedan os bens e as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada co fin de que no termo de dez días a partir da publicación do presente edicto poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario

4862