Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (204/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo verbal civil 204/1996 ante este xulgado, por instancia de Antonio Castro Pereiro, representado pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Argimiro, Antonio, Gumersindo e Jesús Esturao Mirón, Ramona Bolaño Modia e Martín e Sonia Esturao Bolaño; por medio da presente cédula cítase a Ramona Bolaño Modia, Martín Esturao Bolaño e Sonia Esturao Bolaño, dos que se descoñece o domicilio, co fin de que o día once de setembro, ás doce horas, comparezan ante este xulgado co obxecto de asistiren á celebración do xuízo, coa prevención de que, de non o faceren, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de citación a Ramona Bolaño Modia, Martín Esturao Bolaño e Sonia Esturao Bolaño, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

4794