Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.947

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (57/1996-02).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita procedemento civil de xuízo executivo co número 57/1996-02, no que actúan, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A. e como demandado, Imagen Corporativa, declarada rebelde, e no que se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal que segue:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o 14 de xuño de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 57/1996-02, no que actuaron, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido da letrada Rodríguez Arroyo e, como demandado, Imagen Corporativa, declarada rebelde nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 216.005 pesetas de principal e xuros, máis xuros moratorios pactados, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 125.000 ptas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado, no prazo de 5 días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa. Rubricado ilexible.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Imagen Corporativa, declarada rebelde, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que selo e asino en Santiago de Compostela o 14 de xuño de 1996.

O secretario

Rubricado

6230