Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.946

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Lorenzo Villalpando Lucas, fai saber: que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos deste partido, os presentes autos de xuízo verbal executivo nº 13/1995, nos que é demandante a entidade Banco Zaragozano, S.A., baixo a representación procesual do procurador García-Piccoli Atanes, e a defensa letrada de José Antonio Núñez Naya; e aparecendo como parte demandada José Luis Penas Zapata, Josefa Ascensión Cozar Pereiro, Luis Javier López Rey, María Cristina Cozar Pereiro e Manuel Penas Cimadevila (hoxe falecido), todos eles maiores de idade e en situación procesual de rebeldía, demandada igualmente Castora Gómez Balsa, igualmente maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Arcos Romero e a defensa letrada de Camilo José García Puertas.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos),

Decido que, desestimando as excepcións e causas de nulidade alegadas por Castora Gómez Balsa, debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Banco Zaragozano, S.A., mandando seguir adiante ata facer remate dos bens embargados e dos que no sucesivo se lle poidan embargar a José Luis Pena Zapata, Josefa Ascensión Cozar Pereiro, Luis Javier López Rey, María Cristina Julia Cozar Pereiro, os herdeiros de Manuel Penas Cimadevila e Castora Gómez Balsa, e co seu producto facer completo e cumprido pagamento á demandante da suma reclamada de principal, por importe de 4.354.527 ptas., mailos xuros legais das ditas sumas coa imposición de custas á parte demandada.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E expídese o presente edicto para que lles sirva de notificación en legal forma á parte demandada e ós herdeiros de Manuel Penas Cimadevila.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4867