Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso publico aberto da contratación de asistencia técnica para a realización dos traballos de organización e realización do seminario para a cooperación na ordenación do territorio europeo, área do arco atlántico.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, convoca o seguinte concurso público aberto:

1.-Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.

c) Número do expediente: 96/05/1024

2.-Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de organización e realización do seminario para a cooperación na ordenación do territorio europeo, área do arco atlántico.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o día 9-10-1996

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.-Orzamento base da licitación.

Importe total : 9.850.000 ptas. IVE incluído.

5.-Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento da licitación: 197.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación: 394.000 ptas.

6.-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.

b) Domicilio: San Caetano s/n

c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: (981) 54 51 32

e) Telefax: (981) 54 51 33

f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7.-Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8.-Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme ó modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9.-Apertura de ofertas.

a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

10.-Gastos dos anuncios.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

P.O. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

5954