Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno na sesión extraordinaria celebrada o día 30 de xullo de 1996, o Plan Parcial Zona (Z-10) Sector Laracha 1, redactado por Luis Couto González, arquitecto superior, sométese a información pública por prazo dun mes, contado a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar para formula-las alegacións que se coiden pertinentes.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de parcelacións de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial do Plan Parcial Zona (Z-10) Sector Laracha 1, por supoñe-las novas determinacións modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Lugar de exposición: oficina técnica (2ª planta Casa do Concello).

Horario: 9.30 ás 14.30 horas.

Laracha, 30 de xullo de 1996.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

9606084