Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno na sesión ordinaria, celebrada o día 4 de xullo de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura (Lonia), por instancia do Concello de Ourense.

Conforme dispón o artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente a información pública na Casa do Concello durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no da Comunidade Autónoma, onde poderá ser examinado e presentarse as alegacións procedentes.

Ourense, 10 de xullo de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

9606085