Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 8-7-1996, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello no lugar de Verín-Coiro, variando a cualificación actual de S.N.U. de protección agropecuaria pola de equipamento público deportivo nun ámbito de aproximadamente 8.000 m. De conformidade co sinalado no artigo 114.1º do T.R. da Lei sobre o réxime do solo e ordenación

urbana, aprobado por R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o prazo en cuestión, o expediente poderá ser examinado na secretaría xeral do concello para a formulación das alegacións ou reclamacións que consideren convenientes.

Cangas, 9 de agosto de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

9606218