Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión habida o día 21 do pasado mes de xuño, o proxecto de modificacións puntuais nas normas subsidiarias de planeamento de Burela, redactado, en xuño de 1996, polo enxeñeiro director de redacción do equipo Monsa-Urbanismo, S.L., D.G. Iglesias, por medio do presente anuncio sométese á

información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG, BOP e xornal El Progreso, durante o cal podrá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica nos servicios técnicos do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Nas áreas que se sinalan a continuación, por canto as novas determinacións do proxecto supoñen modificación do réxime urbanístico vixente delas, queda suspendido o outorgamento de licencias, durante o prazo máximo de dous anos, finalizando éste unha vez aprobado definitivamente o proxecto das meritadas modificacións.

Áreas onde quedan suspendidas as licencias:

1. Zona do paseo marítimo: a zona frontal estremeira do proxecto de paseo marítimo definido e construído pola Dirección Xeral de Costas (MOPTMA) e que se estende sobre o perímetro da enseada de Portelo en colindancia coa praia de Burela.

2. Zona portuaria-Suafonte: a zona definida polo cuarteirón frontal ó porto, inmediata a Suafonte. (Tramo final da rúa Eijo Garay e tramo inicial da Avda. da Mariña).

3. Intersección Circunvalación (hoxe Rafael Lobeto), rúa do Portelo. O cuarteirón definido por á perpendicular á rúa de Mondoñedo (coñecida por r/ Bouzas), ámbalas marxes da citada rúa; tramo da rúa de Mondoñedo, entre r/ Bouzas e r/ Portelo, (marxe oeste e zona de intersección con r/ Portelo); rúa Portelo, entre rúa Rafael Lobeto e rúa de Mondoñedo, rúa Rafael Lobeto, entre rúa Bouzas e rúa do Portelo e a súa contorna máis inmediato.

4. Rúa Pedrón Salgueiro e Avda. Arcadio Pardiñas: no angular leste, formado polas rúas Pedrón Salgueiro e Travesía estrada CN-642 (hoxe Avda. Arcadio Pardiñas).

5. Sinalamento da vía Travesía do Porto: a zona frontal máis inmediata á vía que se incorpora ó planeamento.

Burela, 30 de xullo de 1996.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

6214