1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.
b) Número de expediente: 096/34.
2. Obxecto do contrato: reparación de pavimento con baldosa hidráulica na zona norte.
Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 11.999.231 ptas. (IVE incluído). Esta cantidade non ten máis valor que o de estimación de gasto máximo. Os licitadores deberán ofertar por prezos unitarios na forma establecida no prego de cláusulas administrativas.
5. Garantía provisional: 239.985 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: (981) 18 42 19.
e) Fax: (981) 18 42 71.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6.
b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reparación de pavimento con baldosa hidráulica na zona norte».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 9 de agosto de 1996.
P.D.
O alcalde
Rubricado
6112