Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de agosto de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de trazado das obras de conexión da estrada PO-242 coa estrada N-541 en Bora (clave N/PO/95.9).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 1 de marzo de 1996, o estudio informativo de conexión da estrada PO-242 coa estrada N-541 en Bora, clave N/PO/95.9; sométese o citado estudio ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado, a fin de que os que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante este Servicio provincial de Estradas as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; advertíndose que o citado estudio pode examinarse durante o dito período, en horas hábiles de oficina, neste servicio e no Concello de Pontevedra.

Ó mesmo tempo sométese á información pública prevista no Decreto 327/1991, da Xunta de Galicia, relativo á avaliación de efectos ambientais.

Pontevedra, 1 de agosto de 1996.

Miguel Ambles y Díaz de Valentín

Enxeñeiro xefe

5994