Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e reforma C.T. Teléfonica-Axencia, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Telefónica ata o C.T. Axencia, concello de Redondela.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma C.T. Telefónica engadíndose unha nova cela de liña SF6.
Orzamento: 13.497.745 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 8 de xullo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6044