Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (30/1995).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 30/1995, por coaccións, en virtude de denuncia formulada por Ramón Daniel Pena Rey, contra outros, e contra María Ángeles Ramos Vázquez, dictouse sentencia, cun encabezamento e decisión que son do teor literal que segue:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Gustavo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas número 30/1995, sobre coaccións, no que son partes o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública; como denunciadas, María de los Ángeles Ramos Vázquez e Rocío Ramos Morrison, asistidas polo letrado Ferrero Bande, non comparecendo o denunciante Ramón Daniel Pena Rey, nin o denunciado Jesús Feliciano Luengos García, malia estaren citados en legal forma...(seguen antecedentes de feito; feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo a María de los Ángeles Ramos Vázquez e Rocío Ramos Morrison, dos feitos axuízados nas presentes actuacións, con declaración de oficio das custas procesuais causadas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma á denunciada María Ángeles Ramos Vázquez e a súa publicación no DOG, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9606188