Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia da contratación dun servicio para a realización dunha auditoría operativa no Hospital de Verín. (S-481).

Obxecto e orzamento: contratación polo trámite de urxencia dun servicio para a realización dunha auditoría operativa no Hospital de Verín, por un importe máximo de 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das

14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1996.

Carlos Negreira Souto

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

6199