Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración do material que se indica (C.P. 6/1996).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración do seguinte material:

-Lote 1.

Arquivador de historias clínicas.

Arquivador de radiografías.

-Lote 2.

Aspirador de secrecións.

Aparello de ultrasóns.

Autoclave.

Electrocardiógrafo de 1 canle.

Electrocardiógrafo de 3 canles.

Espirómetro dixital.

-Lote 3.

Maletín de reanimación.

-Lote 4.

Otoscopio-oftalmoscopio mural.

Otoscopio mural.

Otoscopio-oftalmoscopio portátil.

Otoscopio portátil baterías recargables.

2. Orzamento: 6.524.498 ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse nos 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

9. Recollida de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta 36204 Vigo,teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta, de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de

que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Vigo, 2 de agosto de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

96-6196