Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade (Fernando Macías e Salvador de Madariaga).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/35.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade (Fernando Macías e Salvador de Madariaga).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 23.539.231 ptas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 510.785 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo G, subgrupos 4 e 6, categoría E.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade (Fernando Macías e Salvador de Madariaga)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de agosto de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

6200