Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (267/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se seguen neste xulgado baixo o número 267/1996, por instancia de Francisca Romero García, representada pola procuradora Álvarez Candeira, sobre reclamación de cantidade; por medio da presente cédula emprázase o demandado herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Iglesias, para que no improrrogable termo de dez días comparezan nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaeren sobre

eles os demáis prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Iglesias, co último enderezo coñecido na r/ Santa Marta de Abaixo, nº 6 de Santiago de Compostela, ós que se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 29 de maio de 1996.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

96-4771