Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (508/1995-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 508/1995, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra José Ramón Brey Alvarez, en situación procesual de rebeldía, do que se descoñece o domicilio actual, por medio da presente cédula requírese o referido demandado para que, no prazo de seis días, presente en secretaría os títulos de propiedade dos predios embargados no procedemento de referencia.

E para que lle sirva de requirimento ó demandado José Ramón Brey Alvarez, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

96-4674