Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (33/1996).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber: que nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 33/1996, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Muros o 11 de xuño de 1996.

Vistos por M. Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas, tramitados co número 33/1996, por presunta falta de insultos e ameazas, no que foron partes o Ministerio Ffiscal, exercitando a acción pública; como denunciantes, Ramón Martínez Lago, maior de idade, veciño de Muros, con domicilio en Miraflores, número 15, que non compareceu ó acto de xuízo por estar ausente, e Manuel Francisco Fernández González, maior de idade, veciño de Muros, con domicilio en Miraflores, 5; como denunciada, Baltasara Romero Formoso, maior de idade, veciña da vila de Muros, con domicilio en Miraflores, 33, dictou a sentencia, en nome de S.M. El-Rei, da que é a decisión:

Que debo absolver e absolvo a Baltasara Romero Fernández de responsabilidade criminal polos feitos obxecto destas actuacións, e declaro de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a Ramón Mártínez Lago, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4692