Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (75/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber: que nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 75/1995, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Muros o 21 de febreiro de 1996.

Vistos por M. Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas tramitados co número 75/1995, por presunta falta de lesións en accidente de circulación, no que foron parte o Ministerio Ffiscal, exercitando a acción pública; como denunciante prexudicada, María Mónica Silva Alvite, maior de idade, veciña de Mazaricos, con domicilio no lugar de Maroñas, representada polo procurador Uhía Bermúdez, que non compareceron ó xuízo malia estaren citados en legal forma; como denunciado, David Costa Martínez, maior de idade, veciño de Dumbría, con domicilio no lugar de Hospital; como responsable civil

directa, a compañía aseguradora Schweiz, con domicilio na Coruña, Avda. de Fisterra, 2, que non compareceu ó acto de xuízo malia estar citada legalmente; como responsable civil subsidiario, José Antonio Fidalgo Torreira, maior de idade, veciño de Vimianzo, con domicilio en Baíñas, 86; dictou a seguinte sentencia, en nome de S.M. El-Rei, da que é decisión:

Que debo absolver e absolvo a sociedade mercantil Fábricas Lucía del Norte, S.A. (Falunorsa) de responsabilidade criminal polos feitos obxecto destas actuacións, e declaro de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a María Mónica Silva Alvite, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o once de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4758