Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (76/1993).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber: que nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 76/1993, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Muros o 23 de decembro de 1994.

Vistos por Carmen de la Rocha Díaz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo de faltas tramitados co número 76/1993, por presunta falta de furto, no que foron partes o Ministerio Fiscal, exercitando a acción pública; como denunciante, José Luis Morán Miguens; como denunciados, Oscar Fariña Lamela, Rafael Arce Martínez e Juan Francisco Vigo Lestón.

Decido que debo condenar e condeno como autores penalmente responsables dunha falta de furto a Oscar Fariña Lamela, Rafael Arce Martínez e Juan Francisco Vigo Lestón, á pena de 10 días de arresto menor a cada un deles, así como ó pagamento, en concepto de indemnización ó prexudicado José Luis Morán Miguens, na cantidade de (12.000) doce mil pesetas a partes iguais entre os tres denunciados, habendo para os tres igualmente, expresa condena en custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a Oscar Fariña Lamela, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o once de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4671