Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (314/1996-05).

En virtude de resolución do maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dictada neste en expediente de xurisdicción voluntaria de dominio, seguidos perante este xulgado baixo o número 314/1996, promovidos por Emérita Fernández Villaverde representada polo procurador Sr. Núñez Blanco, sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido do predio que se describe:

Predio nº 3 do plano de concentración parcelaria de Vilanova-Merín, concello de Vedra (A Coruña). Labradío e monte no sitio de Guimaráns, que linda: norte, con María Rendo Lobato (2); sur, Luisa Armada Comyn e camiño; leste, Luis Armada Comyn (4); e oeste, terreo de dominio público por onde ten acceso á estrada. Ten unha superficie de 9 áreas e 96 centiáreas. Libre de cargas e gravames e de calquera outro dereito real que lle puidese afectar, existindo enclavada nela unha edificación reflectida no plano parcelario. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, na inscrición 1ª do predio 9970, que consta no folio 70 do libro 103, tomo 1087, a nome de Jesusa e Josefa Hermida Sobredo; por medio da presente cédula cítanse os habentes causa dos que procedan os bens e as persoas ignoradas ás que lles poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación do presente edicto, poidan comparecer ante este xulgado para

alega-lo que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario

4607