Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, por trámite de urxencia, para a subministración de equipamento informático destinado á Dirección Xeral de Relacións Laborais e ós centros de seguridade e hixiene.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número de expediente: 96/13/1164.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento informático destinado ós centros de seguridade e hixiene e á Dirección Xeral de Relacións Laborais.

b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: especificarase á sinatura do contrato.

d) Prazo de entrega: 15 días, contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.799.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisoria.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Servicio de Seguridade e Hixiene.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 47 71.

e) Telefax: (981) 54 46 59.

f) Data límite para obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: prazo de 13 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5-3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: pódense presentar variantes ou alternativas á definida no proxecto obxecto de licitación definido no prego de prescricións técnicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de setembro de 1996.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6180