Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, por trámite urxente, para a subministración de aparellos médicos e mobiliario clínico.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG

do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: aparellos médicos e mobiliario clínico.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Orzamento: 27.114.000 pesetas (IVE incluído).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámtie de urxencia.

Prazo de execución: 30 días, contados a partir da data da notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: admítese, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: non se esixe.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 18, apartado d), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: 1) Calidade, ata 4 puntos. 2) Importe económico, ata 4 puntos. 3) Prazo de execución, ata 1 punto. 4) Asistencia técnica, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, da 9 ás 13 horas.

Fianzas.

Provisional: será do 2% do importe da licitación correspondente ó lote/s a que concorran. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da devandita Lei 13/1995. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza da entidade financeira pola que se formalice o aval.

Definitiva: será do 4% do importe de licitación do que foran adxudicatarios.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax

(988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Xerencia do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que presentarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Ourense, 5 de agosto de 1996.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor

6167