Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de acta de constitución e estatutos da Asociación para el Fomento de la Investigación en Ortopedia y Traumatología en Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e, para efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación para el Fomento de la Investigación de Ortopedia y Traumatología en Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas e persoas físicas a nivel individual que o soliciten, e que desenvolvan actividades no campo da investigación científica e/ou técnica no sector da ortopedia e a traumatoloxía, co ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Couceiro Follente, Manuel Cuíñas Rial e Fernándo J. Vázquez Mata.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9606171