Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Consultoría e asistencia técnica para a realización dos servicios técnicos de procesado de mostras e análise de organoclorados, metais pesados e arsénico, na liña de contaminación química no Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

Adxudicatario: Estudios e Proxectos Técnicos Industriais, S.A.

Importe: 16.100.000 ptas.

-Consultoría e asistencia para o traslado de 143 bateas dos polígonos «A», «B», «C», «D», «E» e «G», de Redondela.

Adxudicatario: Domínguez Serén, S.L.

Importe: 15.080.000 ptas.

-Subministración de tres guindastres con destino ós portos pesqueiros de Burela, O Vicedo e San Cibrao.

Adxudicatario: Hidrofersa Fábrica de Chavín, S.A.

Importe: 14.955.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5981