Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da xestión dos servicios de cafetería da residencia da terceira idade de Ferrol e dos centros sociais de Corcubión e As Pontes de García Rodríguez, e do servicio de perruquería da residencia da terceira idade Torrente Ballester (A Coruña).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los concursos que a seguir se citan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencias que tramita o expediente: Servicio Xestión Económica.

c) Números de expedientes: 2/1996, 3/1996, 4/1996 e 5/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación dos servicios de cafetería dos expedientes 2/1996, 3/1996 e 4/1996; e explotación do servicio de perruquería ó expediente 5/1996.

b) Lugar de execución: residencia da terceira idade de Ferrol (expediente 2/1996), centro social de Corcubión (expediente 3/1996), centro social das Pontes de García Rodríguez (expediente 4/1996) e residencia da terceira idade Torrente Ballester da Coruña (expediente 5/1996).

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:

a) Importe total: doce mil pesetas (12.000 ptas.) anuais cada un dos centros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: (981) 18 58 06.

e) Telefax: (981) 18 58 01.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que integrará ás ofertas: a que se indica na cláusula 9 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o undécimo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 31 de xullo de 1996.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

9605982