Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.822

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela, Lorenzo Villalpando Lucas, fai saber que nos autos que a seguir se dirán consta a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número

catro dos deste partido, os presentes autos de xuízo verbal executivo nº 13/1995, sendo demandante a entidade Banco Zaragozano, S.A., baixo a representación do procurador García-Piccoli Atanes, e a defensa letrada de José Antonio Núñez Naya; e aparecendo como parte demandada José Luis Penas Zapata, Josefa Ascensión Cozar Pereiro, Luis Javier López Rey, María Cristina Cozar Pereiro e Manuel Penas Cimadevila (hoxe falecido), todos eles maiores de idade e en situación procesual de rebeldía, demandada igualmente Castora Gómez Balsa, igualmente maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Arcos Romero, e a defensa letrada de Camilo José García Puertas.

(seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Decidido que, desestimando as excepcións e causas de nulidade alegadas por Castora Gómez Balsa, debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Banco Zaragozano, S.A., mandando segui-la execución cara adiante ata facer remate dos bens embargados e dos que no sucesivo poidan embargarse a José Luis Penas Zapata, Josefa Ascensión Cozar Pereiro, Luis Javier López Rey, María Cristina Julia Cozar Pereiro, os herdeiros e Manuel Penas Cimadevila e Castora Gómez Balsa, e co seu producto facer completo e enteiro pagamento á actora da suma reclamada de principal, por importe de 4.354.527 ptas., mailos xuros legais das ditas sumas, coa imposición de custas á parte demandada.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada en ignorado paradoiro, así como á herdanza xacente do demandado falecido.

Dado en Santiago de Compostela, vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9605943