Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que se indica (expediente número 24/96).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 24/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación de mobiliario para a ampliación da biblioteca da E.T.S. Enx. de Telecomunicación.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: E.T.S. Enx. Telecomunicación, Campus Lagoas-Marcosende, Vigo.

e) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.500.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 150.000 ptas.

Definitiva: 300.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto, nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 23 de xullo de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

6170