Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación da subministración que se indica (expediente número 23/96).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 23/96.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento de tratamento de madeira e papel.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: E.U. de Exn. Técnica de Ind. Forestais, Pontevedra.

e) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.378.000 ptas.

5. Garantía.

Provisional: 167.560 ptas.

Definitiva: 335.120 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 4 de xullo de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

6166