Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996 pola que se anuncia concurso público, para a selección de entidades promotoras de dúas residencias universitarias concertadas, unha na cidade de Pontevedra e outra na cidade de Vigo (expediente número RC1).

1. Entidade que selecciona.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: RC1.

2. Obxecto: selección de entidades promotoras de dúas residencias universitarias concertadas, unha na cidade de Pontevedra, e outra na cidade de Vigo.

3. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Econom. e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, nº 1-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 51

e) Telefax: (986) 81 35 54

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de propostas.

4. Requisitos específicos dos licitadores.

a) Os indicados no prego de bases.

5. Presentación das propostas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Enderezo: r/ Oporto nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

6. Apertura de propostas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Oporto, nº 1-1º andar.

c) Localidade: Vigo-36201

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 13 horas.

7. Gastos de anuncios: serán a cargo do seleccionado.

Vigo, 6 de agosto de 1996.

P.D. (R. 30-7-1996)

José Tojo Suárez

Vicerrector de Investigación

6173