De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.
O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 26 de xullo de 1996.
Beatriz Rodríguez Fraga
Instructora
ANEXO
Expediente: P-0098/1996.
Denunciado: Jesús Rivas López.
DNI: 32.647.435.
Último enderezo coñecido: Outeiro, San Sadurniño. A Coruña.
Feitos imputados: pescar 1 troita de tamaño menor có regulamentario.
Tipificación Lei de pesca:
Artigo: 33.9º.
Cualificación: leve.
Sanción proposta: 10.000 multa, 1.240 Indemn.
61390