Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas polo instructor, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos (expediente número P-298/95 e P-315/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a paritr do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 22 de xullo de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor

ANEXO

Expediente nº P-298/95.

Denunciado: SAT 222, Pazos de Viveiro.

Último domicilio coñecido: Viveiró-Muras, 27836 Lugo.

Feito denunciado: incorporación ó río Landro de residuos de xurro, procedentes do baleirado dos depósitos das granxas Porromeu, sen contar con autorización.

Precepto sancionador: 35.9º.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

Expediente nº P-315/95.

Denunciado: José Méndez López.

Último domicilio coñecido: Torre de Doncos, 34, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca empregando engado non autorizado (engado natural); Orde do 24-2-1995 (DOG do 13 de marzo).

Precepto sancionador: 33.9º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 pesetas de multa.

6010