Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto das asistencias técnicas para o estudio da fauna silvestre nos ecosistemas fluviais e zonas de influencia e outras dúas máis.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para elas. O orzamento, clasificación e prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en

calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 13 de setembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 8 de setembro de 1996, ás 13.30 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Para o estudio da fauna silvestre nos ecosistemas fluviais e zonas de influencia: nº 0644.

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non é necesaria.

2. Para o estudio das industrias de acuicultura nas augas continentais e a súa influencia sobre a xestión dos recursos piscícolas: nº 0689.

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non é necesaria.

3. Para o estudio das minicentrais e caudais ecolóxicos axustados ós réximes fluviais: nº 0695.

Orzamento: 9.995.000 ptas.

Prazo de execución: dezanove meses.

Clasificación: non é necesaria

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Ángel Ligero F. de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

9606025