Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 29 de xullo de 1996 de notificación de determinados trámites de expedientes hidráulicos, devolta polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

Por medio desta cédula notifícaselles ás persoas cos datos persoais e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, o seguinte:

Primeiro-O funcionario instructor dos expedientes de extinción da concesión do aproveitamento do río Umia, outorgada ós Ernesto Presser y Damphín e Nicolás Palacios, e de solicitude de inscrición no Rexistro de Augas da transferencia do dito dereito concesional achegada por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., acordou, con data do 25-6-1996, proceder por propia iniciativa á acumulación de ámbolos dous procedementos co fin de que sexan resoltos nun único acto administrativo; coa indicación de que contra este acordo non cabe interpoñer recurso ningún.

Segundo.-Unha vez feitos os correspondentes trámites, procédese a dar trámite de audiencia e vista dos expedientes, de conformidade coas previsións do artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e en cumprimento dos artigos 51.2º da Lei 29/1985 e 89.2º, 163.5º e 165.4º do Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

O que se notifica para que no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta cédula se manifeste o que se considere oportuno, de modo que, transcorrido o prazo, continuarán os procedementos nos seus demais trámites.

O expediente queda á disposición nas dependencias deste ente administrativo, situadas nos servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071, Santiago de Compostela durante as horas de oficina.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados interesados, de conformidade co disposto no parágrafo 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Instructor

ANEXO

-Nome e apelidos dos interesados: Ernesto Presser y Damphín e Nicolás Palacios.

-Último enderezo coñecido: r/ del Barquillo nº 26 (Madrid) e r/ de la Independencia nº 28 (Zaragoza), respectivamente.

9605927