Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.800

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (235/1987-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo executivo 235/1987, que se

segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, reprsentada polo procurador García-Piccoli, contra Héctor Ángel Gómez Bugallo, e outros, por medio desta cédula cítase a Héctor Ángel Gómez Bugallo, do que se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en autos, por medio da procuradora que lle foi designada en quenda de oficio, Ángeles Regueiro Muñoz, e se opoña á execución baixo a dirección da letrada igualmente designada en quenda de oficio, Filomena Casal Gómez, se lle conviñese, coa prevención de que, de non facelo no prazo indicado, será declarado en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade, sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lle sirva de citación de remate a Héctor Ángel Gómez Bugallo, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4507