Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.800

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (249/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de cognición 249/1996, que se segue neste xulgado por instancia de José Álvarez Constela, representado polo procurador García-Piccoli, contra Secundino González Fernández e outros, por medio da presente cédula son emprazados os herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús González Tejo, así como calquera persoa interesada na herdanza deste para que, dentro do prazo de nove días, compareza en autos en legal forma, coa prevención de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándoselle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado. No caso de comparecer, concederáselles outro prazo de tres días para contesta-la demanda, e faráselles entrega da copia da demanda e documentos presentados.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós antes mencionados e para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9604581