Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.799

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xullo de 1996 pola que se resolve o concurso público de méritos para a provisión de prazas de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

Pola Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 10 de abril) convocouse concurso de méritos para a provisión de prazas de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios. Unha vez

cumpridos os trámites establecidos e unha vez resoltas as reclamacións interpostas á resolución provisional da convocatoria, de acordo coa proposta efectuada pola comisión de valoración prevista no apartado 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Artigo 1º

Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas mencionadas, os profesores e as profesoras que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Esta comisión de servicios será polo período que figuraba na orde de convocatoria e que tamén se recolle no anexo I desta orde.

Artigo 3º

Declarar vacantes as prazas que se relacionan no anexo II.

Artigo 4º

A presente disposición esgota a vía administrativa, segundo o establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º

A entrada en vigor desta orde será o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4506