Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.799

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor e convocado por Resolución do 26 de febreiro de 1996 da Dirección Xeral de Transportes (DOG do 6 de marzo de 1996), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais e se ordena a súa publicación nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

Este tribunal,

RESOLVEU:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das actividades da modalidade de transporte interior e internacional de viaxeiros e mercadorías; axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1996.

Juan Girón Astray

Presidente do tribunal

9605949